Recaptat

1.035€

A favor de

Copiar codi
Codi copiat
Dona

#miniVAN_Area49

É preciso o noso apoio para que as mozas da residencia Amai María poidan desprazarse ás súas escolas cada día.

Recaptat

1.035€

Objectiu

3.600€

Donacions

4

Falten

314 dies

29%
Dona
La teva aportació té beneficis fiscals de fins el 80%

Categoria

Igualdad de genero Educación Cooperación internacional

Comparteix aquest esdeveniment

Copiar codi
Codi copiat

Publicat: 26 de set. 2024

Na Área 49 de Lilongwe, capital de Malawi, atópase a residencia para mozas estudantes de ensino secundario e universitario Amai Maria, xestionada polas misioneiras de Maria Mediadora.

A residencia Amai Maria ofrece a setenta mozas malawianas a posibilidade de continuar os seus estudos secundarios e universitarios na capital do país. Grazas á residencia de estudantes da Area 49 estas mozas teñen a oportunidade de seguir a formarse nun país como é Malawi, no que non é doado que as mulleres continúen cose seu estudos secundarios e universitarios.

Cada día as estudantes teñen que desprazarse desde a residencia Amai María ás distintas escolas e universidades ás que asisten, repartidas por distintas Areas (barrios) da cidade. O transporte público en Lilongwe é moi precario e realízase en “Matolas” (camionetas de cabina aberta) ou “MiniVans” (Minibuses) privadas, sempre moi ateigadas de xente. De feito, as MiniVans e as Matolas non teñen horarios fixos, xa que non comezan o traxecto/ruta ata que se ocupan todas as prazas, e poden deterse en calquera lugar á espera de ter suficientes pasaxeiras e pasaxeiros que fagan que o desprazamento sexa rendible. O acoso ás mulleres é habitual no transporte compartido de Lilongwe.

Grazas ao proxecto #miniVAN_Area49 conseguiuse dotar á residencia de mozas estudantes Amai Maria da Área 49 de Lilongwe dunha MiniVan propia, que lle permite a estas estudantes un desprazamento máis seguro ás súas respectivas escolas sen ter que compartir o vehículo, evitando por unha parte o acoso que sofren as estudantes nos MiniBuses de uso compartido e tamén permite adaptar os horarios dos desprazamentos ao seu horario escolar, o que diminúe o absentismo escolar das estudantes.

A maiores, a MiniVan da Área 49 tamén ofrece servizo aos outros centros dos que dispoñen as misioneiras en Malawi: o hospital de Mlale e o orfanato de Chezi.

Para que a MiniVan_Area49 siga en marcha é preciso contar co noso apoio para o seu mantemento e gastos de combustible. Son unicamente 300 € ao mes (3600 €/ano) os necesarios para facer que o Minibus da Área 49 siga en marcha. MOITAS GRAZAS POLO TEU APOIO!!

O proxecto #miniVAN_Area49 é unha iniciativa da empresa Nomadas Motorhome, que conta co apoio da Asociación Operación Pangono Pangono a favor da Fundación Esteban G. Vigil.

Lembra que o teu apoio ao proxecto #miniVAN_Area49 desgrava na declaración da renda. Os primeiros 250 € desgravarán ata o 80 % e a partir desa cifra desgrava un mínimo do 40 %. Lembra completar todos os teus datos no teu perfil de migranodearena.org. 

A Operación Pangono Pangono está formada por un grupo de profesionais de perfil técnico (enxeñaría, frigoristas, electricistas…) que deciden achegar o seu gran de area para mellorar un pouco a vida de quen menos ten.
Todos os profesionais técnicos que forman a Operación Pangono Pangono realizan o seu traballo de maneira voluntaria, deixando a escolla das necesidades de actuación a quen mellor as coñece, ás persoas e entidades que levan anos traballando para reducir as desigualdades sociais e a pobreza por todo o mundo. A Operación Pangono Pangono, simplemente, escoita as necesidades de implantación ou mellora nas instalacións (electricidade, informática,...) das entidades coas que colabora e trata de resolver estas necesidades técnicas co menor custo posible, ou de balde, para esas entidades.

Donants (4)

Anònim

35€

Fa 55 dies

Anònim

250€

Fa 55 dies

Anònim

Donació oculta

Fa 55 dies

Anònim

Donació oculta

Fa 55 dies